1/6/26

VISITA Á ECOGRANXA RIOMOURO

 O mércores 27 de maio, e grazas ao programa "Vive o rural" da Deputación de Pontevedra, o alumnado de 5º e 6º de EI do Ceip Amor Ruibal, e da EEI de Curro, visitamos a Ecogranxa Ríomouro, de Poio.

Resultou unha visita moi interesante.

Acariñar e darlle de comer a varios animais, plantar leitugas...

Pasámolo realmente ben.

 







23/6/25

SAÍDA "OS FIEITÁS"

 Os nenos e nenas de 5º e  6º de Infantil desprazáronse o mércores pasado a O Grove para gozar dunha xornada de convivencia e contacto coa natureza no campamento de "Os fieitás"

Pola mañá participaron nunha actividade de exploración e creación con elementos da natureza.

 


Despois dunha pausa para o xantar, xogaron na tirolina e gozaron coa sesión de música e baile que guiou o equipo de monitores. 

 


Finalmente baixaron á praia. Non estaba o día para un chapuzón, pero igualmente o gozaron xogando na area.

 


Unha completísima xornada!! 

 

6/3/25

SOMOS ARTISTAS

 Cada 6 de marzo se conmemora o Día Internacional dos e das Escultoras en memoria do grandísimo artista italiano Miguel Angel Buonarroti nacido hai 550 anos.

 Na aula de 5 anos crearon estas fermosísimas esculturas para esta data.


 Parabéns artistas!

 

19/12/24

PEQUES E MAIORES COMPARTIMOS O NADAL!


Esta semana os nenos e nenas de 3 anos e 6ºB de primaria compartimos un fermoso momento xuntos creando boliñas para a árbore de Nadal do cole. Vistes que chulis quedaron? 








15/10/24

VISITA AO EROSKI

 Algúns dos rapaces e rapazas de Infantil baixamos ao supermercado no final do curso pasado. Regaláronnos uns lápices de cores e dixéronnos se lles podiamos facer uns debuxos. Este curso cumprimos co trato. Poden verse na fachada do super.



8/5/24

A NOSA HORTA: AMORODOS

  No patio de Infantil estamos creando a nosa horta. Este ano, xunto coas cereixas e amoras, temos unhas plantas de amorodos.

Cada día observamos como medran e van collendo cor. Probámolos. Limpamos as herbas e retiramos os bichiños que queren deixarnos sen os amorodos.




 

25/4/24

AS FAMILIAS CONTAN. 3 ANOS. A MAMÁ DE LUCÍA

 Este xoves, 25 de abril, veunos visitar Silvia, a mamá de Lucía. Contounos o conto Dhor el compostador e aprendeunos a facer compost.





23/4/24

AS FAMILIAS CONTAN, 3 ANOS: A MAMÁ DE SEBAS

O xoves 11 de abril veunos visitar Flor, a nai de Sebas. Tocou varias cancións coa frauta e aprendeunos a fabricar maracas.





AS FAMILIAS CONTAN. 3 ANOS: A AVOA DE ANDREA

O xoves 18 veunos visitar a avoa de Andrea. Tocounos varias cancións coa viola e acompañounos cando cantamos Vaite lavar porcona.





AS FAMILIAS CONTAN. 3 ANOS: A MAMÁ DE XABI

 Este luns, día 22, veunos visitar a mamá de Xabi. Contounos un conto no que o protagonista era Xabi. Puxemos gomets, fixemos música e acabamos soprando pompas de xabrón.




AS FAMILIAS CONTAN. 3 ANOS. A IRMÁ DE BALO.

 O mércores, día 10 de abril, veunos visitar Leire, a irmá de Balo e contounos o conto Mamá de Mariana Ruiz Johnson.




23/3/24

XOGADE TAMÉN PARA INFANTIL

O alumnado de 5º e 6º de Infantil (4 e 5 anos) viaxamos o xoves a Pontevedra para participar nunha actividade de iniciación no medio acuático nas Piscinas Rías do Sur, actividade enmarcada dentro do Programa Xogade.


 
Unha actividade moi chula!

Pasámolo moi, moi ben!

20/12/23

SAÍDA A PONTEVEDRA

O alumnado de 4º e 5º de Infantil desprazouse a Pontevedra para participar nun obradoiro e visitar a exposición "Picasso protagonista" que promove Afundación Abanca no Café Moderno.

Pasámolo xenial!!!

3/11/23

CAIXAS MONSTRUOSAS POLO SAMAÍN

Para a celebración do Samaín nas aulas de Infantil, pedimos colaboración ás familias do alumnado. Propuxemos a creación de monstruos reutilizando caixas ou envases de cartón e aquí vos amosamos unha pequena mostra do resultado.





 






Quedaron chulísimas!!

Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración!!

 

3/6/23

VISITAMOS O PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPOLAMEIRO

Hai uns días, as nenas e nenos de Infantil do cole desfrutamos da nosa saída de fin de curso. Visitamos o Parque Arqueolóxico de Campolameiro. 

Fixemos dous obradoiros moi interesantes, a través dos cales puidemos poñernos na pel das mulleres e dos homes da prehistoria: pintura rupestre e sementes do pasado.


Durante a nosa estancia no parque, realizamos dúas visitas guiadas: unha á exposición estable do edificio do museo; e outra, á área arqueolóxica, onde puidemos ver os petróglifos e unha recreación dun poboado da Idade de Bronce.

Na área exterior,  agardábanos unha sorpresa: un enorme labirinto!!! Pasámolo xenial tentando buscar a saída...que ten truco!


30/5/23

Plantamos Xirasoles!!

"Oculta no corazón dunha pequena semente

unha pranta en profunda paz durmía.

-Esperta!- dixolle o sol

-Esperta! díxolle a choiva fría.

A pranta que escoitou,  quixo ver que ocurría, 

Puxo un traxe verde, 

estirou os seus brazos cara arriba.

De toda planta que nace, 

esta é a súa historia bonita"


Cando comezou a primavera, na aula de 4 anos representamos esta sinxela poesía, poñéndonos na pel dunha pequena semente. Tanto nos gustou que decidimos "deitar" a nosa pipa de xirasol nunha camiña de terra e agardar a que suceda a maxia da vida!


                   

Agardaremos con emoción a que a nosa planta se vista de verde e estire os seus brazos cara arriba!